Buscar

Tres trebóns (Tapa blanda con solapas)

Tres trebóns (Tapa blanda con solapas)

Título: Tres trebóns (Tapa blanda con solapas)

'Tres trebóns' de Xurxo Souto reúne cinco relatos ('As fontes de Compostela', 'A pesca do Mar-rau', 'Aldea terremota', 'A voda máis bonita do mundo' e 'A marabilla de Barna') presididos todos eles polo sabor salgado do mar e polo ritmo cantareiro da música da repichoca. Para Fran Alonso, autor do limiar, 'estas historias están cheas de repichocas, ese fabuloso berro ancestral impregnado de música e terra. Repichocas que teñen a forza dun aturuxo quente, dun arrouto de paixón, esa forza do ancestral que Xurxo Souto sabe empregar para revelarnos cal é o pulso dun país novo, distinto, fachendoso. As cousas que di chegan ao corazón. Xurxo Souto exerce o seu oficio literario con frescura, con orixinalidade, cun poderoso universo propio que constrúe asumindo o mellor da tradición, o mellor da oralidade, o mellor da lingua popular, o mellor do rexistro dos contadores de contos, o mellor dos alentos narrativos, fundindo a vida, a literatura, a música e a mitoloxía coma se fosen unha única cousa que desfolla e queima para que, na alquimia das súas cinzas, renazan estes relatos prodixiosos'.

ISBN13: 9788497823272

ISBN10: 8497823273

Número de páginas: 160

Tienda Precio Enlace
El Corte Inglés 19,47€ Comprar