Título: Superdicionario Castelán-Galego (Tapa blanda)
O Superdicionario Castelán-Galego constitúe un instrumento para guiar a aqueles que a diario traballan coa lingua galega. Esta obra lexicográfica toma como base para a súa elaboración o Dicionario Castelán-Galego da Real Academia Galega, mais presenta un valor engadido: o incremento de entradas e acepcións ata os 27.000 artigos, a inclusión de 17.000 locucións e 2.500 topónimos, e o seu sometemento a un uso real e intensivo ó longo de cinco anos de intenso traballo tradutolóxico con distintos materiais literarios, científicos, educativos e técnicos na nosa editorial. As solucións lingüísticas que achegamos, contrastadas no seu momento co Termigal, o CORGA, o VOLGA, así como con distintas obras lexicográficas, dan forma a unha ferramenta eminentemente práctica que quere servir de axuda a quen traduce frecuentemente do castelán ó galego, ou ten un maior dominio expresivo en castelán, e quere acadar unha competencia semellante na nosa lingua.
ISBN13: 9788415166139
ISBN10: 8415166133
Número de páginas: 434
| Tienda | Precio | Enlace |
|---|---|---|
| El Corte Inglés | 34,20€ | Comprar |
