Título: O único que queda é o amor
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián... todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, 'na vida o único que queda é o amor'. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.
ISBN13: 9788499146744
ISBN10: 8499146740
Fecha de publicación: 19-05-2014
Número de páginas: 176
| Tienda | Precio | Enlace |
|---|---|---|
| El Corte Inglés | 14,72€ | Comprar |
