Título: O corazón da maxia
Laura, unha rapaza de doce anos, está hospitalizada. A súa grave doenza provócalle falta de apetito e cansazo, ata o punto de verse obrigada a cortar o pelo porque nin forzas ten para peitearse. Cando mellora un chisquiño, tenta ser feliz visitando os outros nenos da planta e facendo incursións por outras dependencias do hospital co seu pano de pirata. Un día chega Mistre, unha nena etíope de oito anos, que compartirá con ela o cuarto. Para facerlle a estadía máis levadeira, Laura cóntalle á súa nova amiga unha historia extraordinaria, con dúas protagonistas moi especiais, Aulea e Mistera, que farán unha longa viaxe para resolver o misterio dos dragóns desaparecidos. Mentres non aparezan os dragóns, protectores das aldeas, o seu mundo non poderá gozar de paz e prosperidade. O sorprendente desenlace de ambas historias, a real e a imaxinaria, vaivos facer rir e chorar asemade.
ISBN13: 9788499148199
ISBN10: 8499148190
Fecha de publicación: 12-03-2015
Número de páginas: 128
| Tienda | Precio | Enlace |
|---|---|---|
| El Corte Inglés | 12,82€ | Comprar |
