Título: Dicionario Xerais Galego-Castelán Castellano-Gallego (Tapa dura)
Este Dicionario Xerais Galego-castelán/Castellano-gallego constitúe un vocabulario de correspondencias entre 25.000 entradas do léxico estándar de ambas as dúas linguas. En cada unha das entradas sinálase, ademais, a súa categorización gramatical, a fraseoloxía de uso máis habitual, así como, cando fose necesario, a precisión da súa tradución. A presente edición deste dicionario, sensiblemente ampliada con respecto a súa primeira edición, está completamente actualizada á normativa ortográfica aprobada pola Real Academia Galega de 2003, completándose con senllos apéndices gramaticais que recollen a conxugación verbal galega e castelá. A nova presentación flexible facilita o seu uso aos estudantes de educación secundaria, sendo tamén imprescindible para todas aquelas persoas que traballan de xeito cotiá en lingua galega.
ISBN13: 9788497823197
ISBN10: 8497823192
Número de páginas: 780
| Tienda | Precio | Enlace |
|---|---|---|
| El Corte Inglés | 29,40€ | Comprar |
